Funme...
Funme pra voltar.
Funme pra poder botar en falta as túas verbas
dicíndome que todo vai ir ben.
Funme pra un lugar
onde o ceo arde polas noites.
Cunha cor vermello distorsión,
e as badaladas marcan o pulso de cada canción
que apaixoadamente bailan
damas e cabaleiros engalanados
No máis profundo dos meus miolos,
facendo máis livián cada paso e cada pedra do camiño.
Funme e non por compromiso.
Funme máis ben por preguiza.
Por curarme desta preguiza cobarde e insá que me ata cada mañá á almofada,
Que me ataca no crepúsculo
E fai asomar barriga entre peito e entreperna.
Funme... e xa devezo por voltar.
Funme pra ver se son capaz
de recordar e desfiañar
o que en certo momento foi algo natural.
Funme... e xa estou tornando.
Estou retornando en min,
Xa son capaz de facerme unha vaga idea
do que era aquilo que antes che dicía,
que antes che facía,
que noutro tempo nos achegabamos,
e co que conseguiamos arranxar o mundo.
Funme porque,
de cando en cando,
a maxia necesita doutros polvos
e dunha nova chisteira,
e dunha nova palabra máxica
Para deixar abraiados a todos os espectadores,
que agardan intranquilos nas súas butacas o incomparable, indefectible e intratable Gran Truco Final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario